domingo, 20 de novembro de 2016

Ondas gravitacionais

As ondas gravitacionais

Explicamos que son, e por qué causaron tanto revuelo


Que son?
As ondas gravitacionais son teóricamente descubertas por Einstein en 1916. Trátanse de flutuacións na curvatura do espazo-tempo e propáganse en forma de ondas alonxandose do seu fenómeno físico de orixe.
Si non o entendiches, quizás o comprendas mellor con esta sinxela analoxía: imaxine que lanza unha pedra a un estanque. No lugar onde cae, habrá unha pequena perturbación, que facilmente identificaremos gracias a as ondas, que se van propagando suavemente na auga.
Algo semellante acontece coas ondas gravitacionais. Os eventos máis exóticos e violentos no universo, como o Big Bang, explosións de supernovas ou colisións de dous buracos negros, tamén producen ondas que se propagan vagamente a través do cosmos. Por esta razón, as ondas gravitacionais tamén foron descritos como os "ecos" que nos permiten escoitar algúns deses explosivos e eventos descoñecidos.




Por qué son tan importantes?

En palabras da Dr. Alicia Sintes, unha investigadora da Universidade das Illas Baleares, as ondas gravitacionais poderían "abrir unha nova ventana ao coñecemento". A súa detección daríanos máis información sobre os fenómenos máis violentos e explosivos do cosmos. Podemos saber, por exemplo, como se formaron os agujeros negros supermasivos e a súa conexión co nacemento de galaxias.
E non só iso. A confirmación das ondas gravitacionais verifica a Teoría da Relatividade de Einstein, xa que a base fundamental das críticas desta teoría era a improbabilidade de descubrir estas ondas, algo que o propio Einstein dubidaba que pasase, arrepentindose despois da mención a estas ondas e incluso intentando desmentir a súa propia existencia. Por eso, tras o descubrimento destas ondas casi podemos dar por verídica esta importantísima teoría.


Ningún comentario:

Publicar un comentario