sábado, 11 de febreiro de 2017

A música ocasiona o mesmo tipo de pracer que o sexo ou as drogas

Pracer asegurado
Segundo unha investigación, a música resulta pracenteira grazas aos opioides naturais que se xeran no cerebro ao escoitala, e que tamén se producen cando se come ou se ten sexo




Ás veces podemos escoitar una mesma canción decenas de veces seguidas sen cansarnos. Pechamos os ollos e gozamos da música coma se case se puidese tocar. Non importan os gustos persoais, a música é capaz de xerar profundas emocións e de proporcionar pracer. Moitos científicos recoñecen o seu valor universal, social e cultural, pero aínda non se sabe como xurdiu ou cales son todos os mecanismos biolóxicos esenciais para creala ou simplemente gozar dela. Tamén existe o enigma de cal puido ser a función que levou á música para converterse un fenómeno característico dos humanos ao longo da evolución.

No laboratorio de Percepción Musical, Cognición e Pericia da Universidade de McGill, en Montreal, Canadá, levan máis de dúas décadas traballando neste tipo de cuestións. Tal como concluíron nun artigo publicado este mércores en «Scientific Reports», o pracer musical é xerado polos mesmos mecanismos cerebrais que xeran a sensación de satisfacción relacionada co sexo, as drogas e a comida: o sistema cerebral dos opioides.

«Esta é a primeira demostración de que os propios opioides do cerebro están directamente relacionados co pracer musical», dixo o psicólogo Daniel Levitin, primeiro autor do estudo.

Outros investigadores xa sinalaron que un medicamento coñecido como naltroxeno, que bloquea algúns destes receptores de opioides, era capaz de atenuar as sensacións positivas e negativas provocadas por varias actividades. Nesta ocasión, o equipo de Levitin quería verificar que isto tamén ocorre ao escoitar música, para comprobar se os mecanismos cerebrais implicados son os mesmos ou non.

Nesta ocasión os científicos comprobaron que si, que o naltroxeno pode bloquear o pracer musical, polo que concluíron que «os opioides endógeneos (sustancias producidas no cerebro e que poden xerar pracer ou acougar a unha persoa) son críticos para experimentar emocións positivas ou negativas ao escoitar música».

Oír música sen pracer

Para pescudar o papel do sistema dos opioides na música, os investigadores usaron un medicamento capaz de «inutilizar» temporalmente os receptores opioides do cerebro, e que por iso bloquea a xeración de pracer (anhedonia). Ao fornecer este medicamento, chamado naltrexona, observaron que os participantes nos experimentos dicían sentir menos pracer ao escoitar a súa canción favorita, pero non a cantidade de pracer que sentían antes de escoitala (isto coñécese como anticipación).

«As anédcotas e as impresións foron fascinantes», dixo Levitin. Por exemplo, un deles dixo que unha das súas cancións favoritas «non parecía ser como adoitaba ser», e outro que «a súa canción soaba bonita, pero que non lle dicía nada».

De acordo ao predito por estudos anteriores, a dopamina tamén está tamén relacionada co pracer musical, tanto na anticipación como no pracer que sente no momento. Pero Levitin explica que «os receptores dos opioides teñen un papel crucial nas nosas respostas emocionais a escoitar música», aínda máis que a dopamina.

En todo caso, a base biolóxica do pracer musical segue escondendo moitos enigmas. Por exemplo, Levitin explicou que se sospeita que se nos fartamos dunha canción podería ser porque o sistema dos opioides habituouse a un estímulo, aínda que esta hipótese aínda non se verificou.

Cal é a función da música?

Segundo estes investigadores, o propósito destas investigacións é tratar de «entender mellor as rutas químicas asociadas co pracer musical, e así conseguir unha visión máis rica sobre a evolución biolóxica da música».

En definitiva, desde hai moito tempo, os científicos pregúntanse como puido xurdir un fenómeno como a música. «Non supón un claro beneficio para a supervivencia», lembrou o investigador, como si o teñen a comida e o sexo. E, aínda que comparte os mecanismos biolóxicos implicados nas drogas, os receptores dos opioides, a música «non nin ten as mesmas propiedades adictivas».









Ningún comentario:

Publicar un comentario