sábado, 29 de abril de 2017

Descubrimento dun novo planeta que podería albergar vida 28/4/2017

A NASA descubriu un planeta similar á Terra

O corpo celeste descuberto orbita a súa estrela á mesma distancia que a Terra respecto ao Sol.






Os científicos da NASA descubriron un planeta do tamaño da Terra, pero conxelado e probablemente máis frío que Plutón.
"Esta 'bóla de xeo' é o planeta de menor masa xamais atopado a través da técnica microlente gravitatoria", indicou Yossi Shvartzvald, físico e astrónomo do Laboratorio de Propulsión a reacción da NASA.
O planeta, bautizado como OGLE-2016-BLG-1195Lb, é demasiado frío para cumprir coas condicións necesarias para albergar vida, debido ao tamaño e a debilidade da estrela que lle marca a órbita.
Segundo explican os especialistas, un planeta tería que orbitar moito máis preto da súa pequena e débil estrela para recibir luz suficiente e así manter auga líquida na súa superficie. O corpo celeste descuberto orbita a súa estrela á mesma distancia que a Terra respecto ao Sol.
Para o novo estudo, os científicos da NASA utilizaron a microlente do telescopio espacial Spitzer, así como o chamado Korea Microlensing Telescope Network (Kmtnet), que consta de tres telescopios: un en Chile, un en Australia e outro, en Sudáfrica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario